Skip to main content
Monforte

O Polo de Emprendemento de Monforte celebra a xornada ‘Ribeira Sacra como destino enoturístico de excelencia’

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

A xornada ‘A Ribeira Sacra como destino enoturístico de excelencia’, organizada desde o Polo de Emprendemento de Monforte pon en valor as oportunidades de negocio na súa contorna. Tal e como destacou Ardao, o polo de Monforte, que botou a andar hai un ano, leva xa atendidos 81 proxectos.

A Adega Algueira acolle esta xornada na que participa a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, quen amosou o seu convencemento de que a través da Rede de polos, Galicia está a contribuír ao autoemprego feminino e, cada vez máis, a iniciativas promovidas por persoas mozas.

Así o dixo, xa que o número de persoas atendidas neste polo (61) o 70% son mulleres e o 45% destas persoas sitúanse nunha franxa de idade entre 35 e 52 anos e un 22% dos proxectos teñen encaixe no sector servizos, un 19% no sector da hostalería e un 14% corresponden a actividades artísticas, recreativas e de entretemento. Os polos, tal e como debullou, son recursos próximos que contribúen a atopar nichos de emprendemento nas súas contornas.

Desenvolvemento da xornada

Na iniciativa de hoxe abordáronse as oportunidades que brinda o enoturismo na Ribeira Sacra, poñendo o foco na innovación, na colaboración e na procura da excelencia. Co acto trátase de involucrar ás adegas na busca dun turismo de calidade centrado en identificar opcións de emprendemento neste ámbito.

Entre os participantes na xornada, a Xunta contou con representantes de Adega Algueira, que ven de recibir un recoñecemento nacional polas súas boas prácticas en materia e enoturismo. Taménparticiparon as adegas Ponte da Boga, Vista Sacra, Adega Castrofiz, Finca Quinteliña, Enoturismo Galicia, Mais que románico, Terras Gauda e Entre VIdes.

A Xunta de Galicia está a confirmar a súa aposta polo rural á hora de situar os polos en contornas menos poboadas para xerar riqueza pegada ao territorio. Desde a posta en marcha da Rede, en xullo do ano pasado, estes recursos (11 en activo na actualidade) atenderon máis de 700 persoas ás que se lles prestaron máis de 2.200 titorías. A Rede de polos xorde para ofrecer un acompañamento continuado das persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que vaian pasando os seus proxectos. A finalidade é acadar os 15 centros activos nos próximos meses, para cubrir o cen por cento do territorio galego.