Skip to main content
Monforte

O Goberno local de Monforte abre o proceso para adquirir un novo furgón para a Policía Local

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

Ábrese un proceso de licitación para a adquisición dun novo furgón de atestados para a Policía Municipal de Monforte “destinado a facilitar o desempeño das súas funcións e en concreto nas actuacións como confección de atestados por accidentes de circulación, controis de alcoholemia, controis de drogas, etc. que leva a cabo na vía pública”, sinala o rexedor monfortino.

O prezo de licitación para a compra deste novo vehículo municipal para a Policía Local estableceuse en 62.500 euros e o prazo para a presentación de ofertas de licitación por procedemento aberto será dende mañá venres 24 de novembro e ata o mércores 13 de decembro.

A mesa única de contratación está previsto que se celebre o luns 18 de decembro ás 11.00 horas e o prazo de entrega do vehículo será de 60 días a contar dende a data de formalización do contrato coa empresa adxudicataria.

“Con este novo vehículo”, destacou o rexedor, “incorporaremos á flota de vehículos da Policía Local un novo furgón de atestados equipado con todos os elementos necesarios para que os axentes poidan prestar un servizo de calidade ós cidadáns de Monforte”.