Skip to main content
A Pobra do Brollón

Destínanse 32.000 euros á mellora dos locais veciñais de Arnado e Salcedo, na Pobra do Brollón

Por 11 Novembro, 2023Sin comentarios

Investiranse case 32.000 euros á mellora dos locais das asociacións de veciños de Arnado e Salcedo, na Pobra do Brollón. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou este venres o resultado das obras, financiadas pola Vicepresidencia primeira con cargo ás axudas destinadas a agrupacións veciñais, comunidades de usuarios de augas e mulleres rurais de Galicia.

No caso do colectivo de veciños de Arnado, percibiron 15.000 euros para acondicionar o inmoble e adquirir equipamento. Entre as actuacións realizadas destaca a eliminación de barreiras arquitectónicas, a compra de mobiliario e a substitución de ventas. Tamén se levou a cabo a instalación dunha nova acometida eléctrica con luces led para aforrar enerxía, a colocación dunha estufa e pechouse con portas basculantes unha parte da edificación que só tiña cuberta.

En Salcedo, a axuda foi de 16.800 euros para mellorar un local que acolle representación teatrais. Na parte exterior dotouse dun alpendre con cuberta de lousa sobre unha estrutura de madeira de castiñeiro. No interior acometéronse traballos de acondicionamento e reparación variados. Tamén se incorporou mobiliario, como bancos e estantes de madeira de piñeiro na zona do escenario.

Arias subliñou o importante labor de dinamización que realizan as asociacións veciñais lucenses, en especial no eido rural. Incidiu en que con esta liña de axudas, a Xunta pretende contribuír a que conten con espazos axeitados para desenvolver as súas actividades. A convocatoria deste ano estivo dotada con 3 millóns de euros.