Skip to main content
A Pobra do Brollón

A biblioteca da Pobra do Brollón inaugura o espazo LerLilás para promover a igualdade

Por 22 Novembro, 2023Novembro 23rd, 2023Sin comentarios

A Biblioteca Municipal Antonio Reboiro da Pobra do Brollón inaugura un novo espazo. Trátase do recuncho LerLilás, unha selección de libros coeducativos en materia de igualdade.

libros de LerLilás identifícanse por levar un punto lila no lombo. Hainos de diferentes xéneros literarios e para todas as idades, co denominador común da igualdade e a perspectiva de xénero.

A educación é a base para loitar contra a desigualdade e por isto inauguramos LerLilás coincidindo coa semana de conmemoración do 25 de novembro, Día da eliminación das violencias contra a muller.

A iniciativa enmárcase no novo Plan de Igualdade 2023-2027 do Concello da Pobra do Brollón, concretamente na liña de transversalización da perspectiva de xénero no ámbito educativo