Skip to main content
A Pobra do Brollón

O colexio e o centro de día da Pobra do Brollón conmemoran o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

A Pobra do Brollón organiza diversos actos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero na Pobra do Brollón. Entre eles, destacou que a concelleira de Igualdade, Noelia Besteiro, visitou o CEIP A Pobra do Brollón e o Centro de Día, xunto coa educadora familiar Mónica Carballo e a traballadora social Flavia Rodicio.

No colexio recibíronas os nenos e nenas que proclamaron lemas a prol da igualdade de xénero, que prepararan previamente nas aulas. Tamén recibiron as chapas conmemorativas.

Por outra banda, no Centro de Día repartíronse entre as persoas usuarias neceseres, tras comentar o motivo da visita, a conmemoración tristemente aínda tan necesaria do 25N.

Ademais disto, para hoxe, 24 de novembro, hai convocada unha concentración prevista para ás 12.00 horas diante do Concello.