Skip to main content
A Pobra do Brollón

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá doar o seu sangue este xoves

Por 29 Novembro, 2023Sin comentarios

A Unidade Móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará fronte ao cuartel da Garda Civil da Pobra do Brollón este xoves, 30 de novembro, entre as 16.00 e as 18.30 horas.

Desta maneira, todas as persoas interesadas en doar o seu sangue para axudar a outras persoas que necesiten ese recurso para sobrevivir poderán facelo de forma gratuíta, despois de esperar dúas horas despois de xantar.

Así, desde ADOS din que “se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros”, polo que animan a todas as persoas a participar.