Skip to main content
Quiroga

Os GES tiveron que retirar árbores caídas das estradas do municipio de Quiroga por mor da borrasca

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais de Quiroga, os GES, levaron a cabo numerosas saídas para retirar as árbores que interrompían o paso polas estradas municipais debido á borrasca desta fin de semana.

A borrasca Ciarán “impactou de cheo no noso municipio e houbo moita inestabilidade, con intervalos de vento e sobre todo as precipitacións especialmente fortes”, sosteñen desde o goberno local.

Así, quedaron numerosas árbores caídas, algún muro derribado e baixada de taludes no municipio debido a esta borrasca, polo que houbo que facer labores de prevención en todo o municipio.