Skip to main content
Quiroga

A veciñanza de Quiroga xa está en pleno proceso de recolección e procesado das olivas para facer aceite

Por 8 Novembro, 2023Novembro 9th, 2023Sin comentarios

Neste mes de novembro, os veciños e veciñas de Quiroga están en pleno proceso de recolección e de procesado para elaborar un aceite de oliva virxe extra de máxima calidade, “como é o que se produce na comarca de Quiroga”, como defenden desde o goberno local.

Este ano a posta en marcha de novas plantacións está a ser fundamental para conter a baixada de rendemento das oliveiras no val de Quiroga e os traballos de recollida que están en marcha “evidencian unha campaña similar á de 2022, con menos produción do que era habitual”, sosteñen en Quiroga.

Neste sentido, Julio Quiroga, da firma Ouro de Quiroga, destaca a importancia das últimas plantacións na comarca, que están a permitir manter cantidades. No caso da súa empresa, esperan recoller entre 15.000 e 20.000 quilogramos de oliva.

Pola súa parte, Manuel Gómez, de Val de Quiroga, sinala que nas súas leiras a produción varía moito dunha árbore a outra, pero di que as cantidades que están a recoller entran no esperado. Contan con 1.500 oliveiras.

A Consellería de Medio Rural cuantifica que, tras a recuperación das oliveiras que se iniciou fai dúas décadas e coas novas plantacións, son xa unhas 30 hectáreas as que hai de oliveiras nestes momentos na comarca de Quiroga as beiras do río Sil, das que 19 hectáreas son das variedades autóctonas, mansa galega e brava galega.

Desde o goberno local esperan unha boa tempada para volver celebrar unha boa edición da Mostra do Aceite de Quiroga que ten lugar todos os anos no mes de maio.