Skip to main content
Quiroga

Comeza a gravarse o documental ‘Diario dun guiri na Ribeira Sacra’ en Quiroga

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

A produtora Lúa Ideas de A Coruña está estes días gravando en Quiroga o seu novo  documental. As gravacións formarán parte da peza ‘Diario dun guiri na Ribeira Sacra’, na que se dará a coñecer de forma amena e adaptada aos novos formatos, un territorio que garda a esencia viva de Galicia.

A produción achega a historia dun mozo británico, o protagonista, que coa súa guitarra e a súa cámara de fotos recorre as paraxes máis fascinantes da Ribeira Sacra, unha terra que logrou preservar a esencia de Galicia sen renunciar ao progreso. No seu recorrido terá cabida a gastronomía e a música, que é o eixo central da viaxe, pero tamén a artesanía, os costumes e toda a riqueza material e inmaterial do noso territorio.

O docu-reality estará composto de 10 capítulos, dous gravados na Ribeira Sacra da provincia de Ourense e outros cinco na de Lugo. Un deles estará dedicado a Quiroga e aparecerán lugares como Montefurado, o hospital, o Castelo dos Novais ou os museos co Concello, que forman parte do recorrido que non esquecerá o viño, o aceite ou o mel.

Ademais de visitar os distintos puntos do municipio, o protagonista ten oportunidade de falar con algunhas das persoas coas que se vai atopando como na súa visita ao Museo Xeolóxico, ata onde se acercou o Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera.