Skip to main content
Quiroga

A instalación de caudalímetros en Quiroga provoca cortes de auga ocasionais

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Quiroga atópase colocando varios caudalímetros na rede de abastecemento de auga municipal para adaptarse á normativa que obriga a controlar a entrada e saída de auga dos depósitos para detectar as posibles fugas de auga. Estes traballos provocarán cortes desde este xoves a partir das dez da mañá, que afectarán á Ermida, San Vitoiro e Pacios; e que incluso poden afectar a vila de Quiroga aínda que en menor medida.

O Concello conta con dous depósitos de distribución de auga para a rede de abastecemento situado na Estación de Tratamento de Auga Potable da Ermida dun volume aproximado de 800 m3, dende os que se abastecen o núcleo urbano e a as parroquias. Coa instalación vaise a colocar un contador para medir caudal instantáneo e total do núcleo urbano de Quiroga e outros dous caudalímetros para medir o caudal instantáneo e total dos ramais que abastecen ás parroquias da Ermida, San Vitoiro e Pacios.

Tamén se instalará un medidor á entrada do decantador lamelar, para supervisar o caudal entrante á aos depósitos da Ermida e poder así monitorizar posibles roturas na liña de abastecemento ou problemas de subministración. Ademais substituirase unha válvula redutora de presión situada na entrada de Quiroga por unha con dobre pilotaxe xestionada por autómata. Esta permitirá reducir a presión de traballo pola noite, cando hai redución de consumo de auga e minimizar así as perdas que podan producirse na rede de abastecemento.

Neste senso, tamén se colocaron medidores de caudal nas entradas dos tanques de abastecemento situados en San Pedro, Montefurado e San Xulián. Para a realización destas melloras, que visitou este mércores o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, cóntase cun orzamento de preto de 50.000 € aportado pola Xunta de Galicia