Skip to main content
Quiroga

Quiroga coloca nas rúas papeleiras con dispensador para os excrementos das mascotas

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

Co obxectivo de promover unha vila máis limpa e concienciar aos donos dos animais, a área de Medio Ambiente do Concello de Quiroga acaba de colocar catro papeleiras con dispensador de bolsas para recoller os escrementos das mascotas.

Os contedores colocáronse no parque da Constitución, nas inmediacións do Auditorio Municipal e nas rúas Ramón y Cajal e Courel, por ser os puntos máis habituais de paseo de mascotas.

Coa instalación destes dispensadores de bolsas e almacén de excrementos, preténdese recordarlle aos propietarios dos animais que deben recoller os excrementos nas vías e espazos públicos.

Os excrementos dos animais de compañía depositados na vía pública constitúen un grave problema. A súa presenza nas rúas representan un risco, xa que poden ocasionar caídas por esbarrar, constituíndo ademais un perigo potencial de contaxio de enfermidades graves, especialmente para os máis pequenos.

A non recollida inmediata destes excrementos será sancionada con multas de hasta 500 euros segundo o establecido na Lei 7/2023, de 28 de marzo, de protección dos dereitos e o benestar dos animais. No artigo 26 desta normativa recóllese que os titulares ou persoas que convivan con animais de compañía teñen a obrigación de evitar que animais depositen os seus excrementos e ouriños en lugares de paso habitual doutras persoas, como fachadas, portas ou entradas a establecementos, procedendo en todo caso á retirada ou limpeza daqueles con produtos biodegradables.