Skip to main content
Sober

O Partido Popular da provincia de Lugo reuniuse en Sober para “poñer en valor a riqueza da provincia”

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo mantiveron unha xuntaza de traballo en Sober, dentro da súas reunións periódicas, e que tamén permite deslocalizar estes encontros para “poñer en valor a riqueza da provincia”.

Os deputados do PP tamén coñeceron a historia, funcionamento e modelo de negocio da adega de Sober Algueira, recoñecida hai poucas datas como a mellor experiencia de turismo relacionado co viño de España.

Os deputados populares destacaron a importancia de que “empresas familiares e con tanta historia coma esta” triunfen co seu esforzo diario xa que son “unha parte moi importante do motor económico da provincia” de aí que “sempre é unha magnífica nova que se recoñeza o traballo e esforzo de empresas 100% lucenses”.

Este recoñecemento vén a confirmar o gran traballo realizado por esta empresa que, ademais “é a primeira empresa galega cuxos viños formaron parte da subasta de La Place, en Budeos (Francia), nun dos eventos máis importantes do mundo dentro do sector.

Con esta empresa á adega Algueira (afincada en Sober), os deputados populares continúan co seu calendario de visitas a todos os municipios e comarcas da provincia xa que “percorrendo todos os concellos e falando con seus veciños é o único camiño para poder coñecer de primeira man as necesidades da provincia e así buscar solucións para que a provincia avance”.

“Queremos que a Deputación aporte as solucións que os lucenses da provincia precisan e que volva a ser ese motor económico que Lugo tanto necesita”, destacaron.