Skip to main content
Sober

Hipócrita Teatro representará a súa obra ‘Arte’ en Sober

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

Este sábado, 18 de novembro, o centro sociocultural de Sober acolle a representación de ‘Arte’ do grupo teatral Hipócrita Teatro a partir das 19.00 horas.

Esta obra é unha traxicomedia orientada a público maior de 12 anos, da autora Yasmina Reza, e cuxa dirección recae en José Campanari; á que poderán acudir todas as persoas interesadas de Sober, xa que é unha proposta gratuíta coa que colabora a Deputación de Lugo.

Esta iniciativa, que durará algo máis dunha hora, trata sobre Teo, que se fixo cunha pintura para a súa colección particular. O problema é que onde el ve unha sublime obra de arte contemporáneo, Carlos ve un simple cadro branco e Iván réstalle importancia á polémica. Esta é unha obra construída con personaxes que se amosan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, son quen de transmitirnos unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos.