Skip to main content
A Pobra do BrollónSober

A Pobra do Brollón e Sober súmanse ao proxecto EC4RURAL para crear comunidades enerxéticas

Por 19 Novembro, 2023Novembro 20th, 2023Sin comentarios

Os concellos da Pobra do Brollón e Sober súmanse ao proxecto EC4RURAL para crear comunidades enerxéticas. A iniciativa pretende promover a participación rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas.

Os municipios participarán no programa piloto durante os 4 anos próximos, para definir modelos de comunidade enerxética adaptados a cada realidade local.

En concreto, as localidades galegas elixidas son Avión, Becerreá, Entrimo, Mazaricos, Moeche, Monterroso, Muíños, Muras, Ordes, Ourol, Outes, Palas de Rei, A Pobra do Brollón, O Rosal, Salvaterra de Miño, Silleda, Sober, Tomiño, Tordoia, O Valadouro, Vedra e Vilasantar.

A previsión é que as primeiras comunidades enerxéticas estean activas en setembro de 2025, data a partir da cal os consumidores se converterán en
“prosumidores”, xa que ademais de consumir, podrán almacenar, compartir ou vender o excedente de enerxía xerado.

O proxecto europeo EC4Rural, coordinado pola Universidade de Vigo (UVigo), impulsará a creación de comunidades enerxéticas no rural europeo, co obxectivo de fomentar a transición cara a enerxías limpas.

Estes concellos pilotos poñerán a semente para a súa replica a nivel local e europeo, grazas á difusión dos resultados a través de redes sociais e colaboradores externos.

Fotovoltaica vs eólica na pequena escala

A nivel práctico, a aposta pola fotovoltaica comunitaria supón un aforro considerable. Unha familia tipo que queira implantar unha instalación solar para reducir un 40% o consumo doméstico ten que investir, individualmente, 2,5 veces máis ca se fose partícipe dunha iniciativa colectiva. “Se queremos unha transición enerxética xusta non podemos supeditala á renda persoal. A través de proxectos como EC4RURAL conseguimos que ninguén quede atrás”, argumentaba o director do proxecto.

Neste sentido, tamén explicou que optaron pola enerxía fotovoltaica porque a pequena escala, e comparándoa coa eólica, é moito máis competitiva xa que o custo económico unitario de entrada é menor.