Skip to main content
Taboada

Os Rechouchíos e Os Afogapalletas organizan unha edición máis dos Cantos de Taberna de Taboada

Por 6 Novembro, 2023Novembro 26th, 2023Sin comentarios

Os Rechouchíos e Os Afogapalletas organizan a III edición dos Cantos de Taberna de Taboada coa colaboración da área de Cultura, Deporte e Medio Rural do Concello despois de catro anos sen celebrarse.

Así, o vindeiro 11 de novembro terá lugar o evento, que comezará coa xuntanza de grupos ás 18.00 horas e o percorrido festeiro será ás 19.00 horas, rematando cunha cea e unha foliada para os participantes no Centro Cívico do Concello.

Os diferentes grupos musicais que queiran participar desta edición e levar a súa música polas rúas de Taboada poderán apuntarse ata o vindeiro 5 de novembro.