Skip to main content
Taboada

Os servizos sociais do Concello de Taboada actuaron en diferentes zonas do municipio

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

A brigada de obras e servizos do Concello de Taboada levou a cabo diferentes actuacións arredor do municipio das que informou o rexedor, Roi Rigueira.

Así, limpáronse e acondicionáronse a praza e os arredores da igrexa parroquial de San Martiño de Mato, limpouse e recolleuse o lixo ao longo do trazado da X Subida a Taboada, celebrada a pasada fin de semana.

Por outra banda, arranxouse unha avaría na beirarrúa da Rúa Nova, limpáronse e acondicionáronse varias rúas no casco urbano (Boavista, barrio do Brasil, Conde de Taboada, Insoas, rúa da Silva, parque infantil…), así como se retirou a folla.

Tamén se acondicionou a pontella de Moreda, “xa que había moitas ramas e árbores trancadas na mesma debido ás fortes choivas dos últimos días”, explica o rexedor; e retiráronse árbores de distintas vías públicas (Cumbraos, San Pedro, Fiunte, Bidueiros, Sobrecedo, Carboeiro…).

Ademais, solucionáronse varias avarías provocadas pola auga (desatasco de tubos, preparación de cunetas…), en Sonán ou Friamonde, por exemplo; e retirouse a maleza; así como se acondicionou a contorna no lavadoiro do lugar de Buín, de cara a un futuro arranxo.

Máis actuacións

Con motivo dos distintos eventos a celebrar esta fin de semana, tamén se montaron carpas e trasladouse o mobiliario.

Por outra banda, o rexedor anunciou que xa está arranxada e preparada para funcionar a desbrozadora de brazo lateral, “o que nos vai permitir realizar os traballos de desbroce con moita máis eficacia”, sostivo.

Por último, comentou que pronto haberá unha “moi boa nova para o conxunto da cidadanía, que agardemos que sexa a primeira de moitas”.