Skip to main content
Taboada

O Mercado de Petiscos de Nadal celebrarase o 23 de decembro co apoio da Xunta

Por 29 Novembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta) contará coa axuda da Xunta de Galicia para impulsar o Mercado de Petiscos de Nadal, que se celebrará o 23 de decembro.

Así llo comunicou o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, ao presidente da entidade, Miguel Pavón, no transcurso dunha reunión para abordar a cooperación deste ano.

A Xunta xa apoiou a anterior edición desta iniciativa, que congregou postos de venda con produtos da Ribeira Sacra, actuacións culturais e outras actividades.

Arias destacou o impulso da Administración autonómica ás accións que dinamizan economicamente os concellos, como este mercado ou o I Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, que tamén promoveu a Acimta este ano coa colaboración da Xunta.