Skip to main content
O Incio

Trécola Producións estrea a súa nova obra ‘Historia dunha gaivota’ no Incio

Por 10 Novembro, 2023Sin comentarios

A compañía de teatro e títeres Trécola Producións achega este venres aos nenos e nenas do Incio a estrea da súa nova representación teatral: ‘Historia dunha gaivota’.

Desde a compañía defenden que, “despois de anos con este conto flotando no miolo, colle forma e sae a escea”, e terá lugar por primeira vez no colexio Ricardo Gasset do Incio.

Trécola Producións, que colabora coa anpa do centro educativo, di que “para nós é un pracer seguir colaborando con eles e ver medrar á rapazada da montaña”, polo que van representar a obra con “moita ilusión”.