O Incio acolle un encontro para mulleres adultas, no que traballar o bo trato persoal e relacional, unha actividade encaixada no marco do Día Contra a Violencia de Xénero do 25N.
Así, terá lugar o vindeiro 23 de novembro, dous días antes desta data na que se protesta contra a violencia ás mulleres, de 17.00 a 19.00 horas no edificio multiusos do Concello do Incio.
Todas as mulleres do Incio interesadas en participar poderán facelo, xa que é unha actividade gratuíta e de participación libre na que se falará de autolesión, espazo persoal e relacional, benestar, corpo, e máis temas.