Skip to main content
Axenda CaducadaLáncara

Láncara promove un curso de autodefensa para as mulleres con motivo do 25N

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

Con motivo do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, o Concello de Láncara súmase á campaña de sensibilización contra a violencia de xénero.

Deste xeito, e en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, promóvese un curso de autodefensa para mulleres.

A actividade, que está enfocada a maiores de 16 anos, terá lugar os días 21 e 23 entre as 16.30 e as 20.30 horas no polifuncional da Pobra de San Xiao.

Os interesados na proposta, que está monitorada por especialistas da Federación Galega de Loita, xa poden inscribirse a través do 982 543 077 ou do 982 543 066.