Skip to main content
Axenda CaducadaLáncara

Unha nova xornada de debate para maiores de 60 anos terá lugar no antigo centro médico de Láncara

Por 6 Novembro, 2023Novembro 7th, 2023Sin comentarios

Este xoves, 9 de novembro, o Antigo Centro Médico de Láncara acollerá unha nova xornada de debate con persoas de entre 60 e 75 anos que vivan nalgunha das parroquias do municipio, en concreto de Láncara, Toirán, Trasliste, Lama, Touville, Carracedo, Vilarello ou Vilaleo.

Así, a partir das 16.30 horas as persoas participantes falarán sobre experiencias positivas e negativas, e propoñerán espazos ao aire libre e edificios, transporte, vivenda, respecto e inclusión social, participación social, comunicación e información, traballo e participación cidadá, servizos sociais e de saúde.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, no marco da rede de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores que promveu a OMS e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais; poderán inscribirse chamando ou enviando un whatsApp ao número 672 501 713.