Skip to main content
Axenda CaducadaLáncara

A Pobra de San Xiao acolle a comedia teatral ‘Cita Previa’ o sábado 18

Por 8 Novembro, 2023Novembro 9th, 2023Sin comentarios

Os veciños de Láncara poderán gozar dunha nova proposta teatral o vindeiro sábado 18. O espazo polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao acollerá a comedia teatral ‘Cita Previa’.

Rebuldeira Teatro poñerá en escena a partir das 12.00 horas a peza que recolle varias historias disparatadas nas consultas médicas.

Trátase dunha obra de balde e para tódolos públicos que forma parte do Circuíto de teatro afeccionado 2023, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello.