Skip to main content
Axenda CaducadaLáncara

Láncara pon en marcha dous novos grupos de debate para maiores de 60 anos

Por 25 Novembro, 2023Sin comentarios

Os Servizos Sociais do Concello de Láncara poñen en marcha os dous últimos grupos de debate con persoas maiores de 60 anos, enmarcados no proxecto Láncara Amigable coas Persoas Maiores.

A primeira das xuntanzas terá lugar o vindeiro martes 28 de novembro a partir dass 16.30 horas na Antiga Escola de Río. Está dirixida a persoas que vivan nas parroquias de Cedrón, Galegos, Lagos, Río, Vilouzán, Monseiro, Armea, Toldaos, Souto e Vilaesteva.

Pola súa parte, o xoves 30 de novembro ás 16.30 horas organizarase outra xuntanza no Antigo Centro Médico de A Pobra de San Xiao. Neste caso está enfocado a persoas que vivan nas parroquias de A Pobra de San Xiao, Bande, Muro, Ronfe, Neira, Oleiros, Vilambrán ou Larín.

Nas reunións falarase sobre experiencias positivas e negativas, así como de suxerencias de mellora en relación a espazos ao aire libre e edificios, transporte, vivenda, respecto e inclusión social. Tamén se abordarán cuestións como a participación social, a comunicación e información, o traballo e participación cidadá e os servizos Sociais e de Saúde. Os interesados en participar poden chamar ou enviar un WhatsApp ao número 672 501 713.

.