Skip to main content
Axenda CaducadaParadela

Paradela ofrece un curso de explorador o vindeiro sábado 18 de novembro

Por 11 Novembro, 2023Sin comentarios

Paradela ofrece a posibilidade de converterse en todo un explorador o vindeiro sábado 18 de novembro. A través dunha ruta os participantes aprenderán a actuar no monte en caso de emerxencia.

O curso impartirase de 10.00 a 17.00 horas. Os asistentes serán quen de recoñecer pegadas e rastros de animais, facer lume e construír o seu propio refuxio, entre outras técnicas.

Os interesados na actividade, que pon en marcha Turismo Ribeira SACRA coa colaboración do Concello e ten un prezo de 15 euros, poden solicitar máis información e facer a súa reserva a través da web, do teléfono 638 823 592 e do correo turismo@ribeirasacra.org.