Skip to main content
Axenda CaducadaParadela

A Sociedade Deportiva Paradela celebra a V Festa do Socio este sábado

Por 25 Novembro, 2023Sin comentarios

A Sociedade Deportiva Paradela celebra este sábado a quinta edición da súa tradicional Festa do Socio. A cita, que se organiza no mercado gandeiro, está dirixida aos socios do clube e simpatizantes.

O evento comezará ás 13.00 horas cunha sesión vermú. Posteriormente, os asistentes poderán gozar da comida e de actuación musicais a partir das 18.00 horas. Os máis pequenos tamén teñen un oco na festa, que inclúe inchables e coidares. O evento chegará a súa fin coa actuación dun DJ.

Os nenos ata 6 anos poden gozar da xornada de balde e os de 6 a 13 anos deberán abonar 15 euros. Os socios de 30 euros contan cunha comida gratis, os de 50 euros con dúas e os colaboradores de 3, mentres que os non socios deberán pagar 35 euros.