Skip to main content
Paradela

O libro ‘A Paradela dos máis novos’ presentarase este xoves no IES Gregorio Fernández de Sarria

Por 29 Novembro, 2023Sin comentarios

A Biblioteca do Instituto Gregorio Fernández acolle este xoves, 30 de novembro, ás 10.30 horas a presentación do libro ‘A Paradela dos máis novos’, editado polo Concello de Paradela con motivo do seu bicentenario, e no que colaboraron os alumnos do CEIP de Paradela e os alumnos de Paradela que cursan estudos nos institutos Xograr Afonso e Gregorio Fernández.

No acto, intervirán Ana Valín (polo Instituto Gregorio Fernández); José Manuel Mato (alcalde de Paradela); Xulio Xiz (que dirixiu o libro); Lola Chaos (Coordinadora no IES Xograr Afonso), alumnos colaboradores do libro, e Marta Ferreiro, Secretaria da Delegación Territorial en Lugo da Xunta de Galicia.

Os traballos dos alumnos foron coordinados polos profesores Lola Chaos (Xograr Afonso) e Eduardo Rey (Gregorio Fernandez) e, como este último faleceu, esta presentación “vai ser tamén unha lembranza de agradecemento a este benquerido profesor”, explican desde o Concello.