Skip to main content
Samos

Cantar Delas interpretou diferentes cancións nun concerto polo 25N en Samos

Por 27 Novembro, 2023Novembro 28th, 2023Sin comentarios

O grupo lugués Cantar Delas actuou esta fin de semana no salón de actos do Multiusos de Samos a través do seu concerto ‘Música de mulleres para ser cantada por mulleres’, do proxecto Creadoras de Música.

Así, moitas persoas do municipio achegáronse para desfrutar desta iniciativa promovida polo Concello e no marco das actividades programadas para reivindicar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Desta maneira, a proposta tiña como finalidade dar a coñecer as composicións musicais e as súas creadoras, “postergadas durante séculos é escuridade da historia”, defenden as feministas.

Desenvolvemento do acto

Durante o concerto, Cantar delas interpretou temas como O virtus sapientiais do século XII, Quantas sabedes amar amigos do século XIII-XIV, A alba venid, buen amigo. Cacioneiro de Palacio nº6, e Se me a min nao casan. Cancioneiro de París nº19.

Entre as composicións populares, soaron tamén Alalá de Triacastela. Tradicional, Romance da lavandeira. Tradicional e Alalá das Mariñas, A marcha das mulleres e Volver a los 17. No programa tamén se inclúen Coplas de Cun de Modesta Bor, Si a mí me hubieran dicho, de Beatriz Corona, e Miserere, de Eva Ugalde.