Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A música e o rock serán unha constante no mes de novembro en Sarria da man do Buril

Por 4 Novembro, 2023Novembro 5th, 2023Sin comentarios

O Buril volve a organizar diversas actividades no seu local de Sarria durante este mes de novembro, que comeza hoxe coa celebración do primeiro festival indíxena Galiza Profunda.

Pola súa parte, mañá, día 5 de novembro, terán lugar tres concertos no Buril O día 5 de Novembro Domingo. teremos tres concertos a partir das 21.00 horas da noite. Así, estes tres grupos serán Neige Morte (black metal dende Francia), Mandibula (Death trash dende Francia) e M.U.G.R.E. (Death grind dende Galicia).

Xa o día 9 de novembro actuará a banda portuguesa Heretic, de experimental oriental metal que vén dende Lisboa e que estará acompañada de Paranoid Existence (black metal), que vén desde Brasil, e Pinkiller party co seu electronicore, desde Berlín, Alemaña.

Máis concertos

Con respecto ao día 11, O Buril colaborará na realización do San Martiño Caníbal da parroquia de Louseiro, en Sarria; mentres que o vindeiro 16 de novembro, chegará a Sarria Birds are Indie, un Grupo de Pop’n’roll que vén desde Coímbra, Portugal.

Pola súa parte, o sábado 18 de novembro, Mr Golliath actuará no Buril despois de vir desde Madrid, mentres que o domingo 19 será a quenda de Sergio Pazos, o mítico Pasapallas de Pratos Combinados, que fará un monologo de humor.

Por último, o venres 24 terá lugar o concerto de Skanderani e o sábado 25 será Lelly Kelly’s quen veña desde o Morrazo para facer temblar ao público, acompañada de Barbansónicos, que veñen desde o Barbanza.