Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

O festival San Martiño Caníbal volve un ano máis a Louseiro

Por 4 Novembro, 2023Novembro 10th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 11 de novembro, a parroquia de Louseiro de Sarria acolle a XI edición do festival de música San Martiño Caníbal, organizada pola asociación cultural Os Gorriós. Así, durante esta xornada terán lugar catro concertos gratuítos nos que actuarán Kreze, Juan Rodot, The Fooldans e Tecor Societario.

A xornada comezará cunha misa e, tras a celebración relixiosa, actuará no escenario do campo da festa de Louseiro o grupo Kreze para despois compartir unha comida popular de cocido.

Despois da comida, que poderán desfrutar tantos veciños e veciñas da parroquia como as persoas interesadas en achegarse, terá lugar unha obra de títeres de Trécola Producións na que farán partícipes aos asistentes.

Sobre ás 20.00 horas será a quenda da actuación de Juan Rodot e ás 22.00 horas será o momento dos lugueses The Foolans, concertos nos que colabora o Buril de Sarria. Por último, a xornada rematará cunha queimada ás 00.00 horas e a música de Tecor Societario, que porá o punto final ao último festival do ano da comarca de Sarria.