Skip to main content
Sarria

Búscanse tres persoas para traballar na residencia de maiores de Sarria

O Concello de Sarria vén de convocar unha nova bolsa de emprego público para traballar na residencia de maiores Nosa Señora do Carme para tres persoas interesadas en traballar neste espazo.

Así, hai dúas vacantes de auxiliar xerocultora en résime de persoal laboral interno ata a súa cobertura definitva e creación de nova bolsa de emprego e un posto de auxiliar de clínica (cobertura de excedencia) e creación de nova bolsa de emprego.

As persoas interesadas nestes postos de traballo poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 8 de novembro presentando a documentanción requirida e a titulación, que no caso do auxiliar xerocultor será posuír o título en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, o de Coidados Auxliares en Enfermería ou en Atención Sociosanitaria; mentres que para o posto de auxiliar de clínica haberá que ter o título en Coidados Auxiliares en Enfermería.