Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

Farándula Velutina representará a súa obra ‘A derradeira bala’ en Sarria

Por 9 Novembro, 2023Novembro 10th, 2023Sin comentarios

Farándula Velutina representará a súa obra ‘A derradeira bala’, unha obra do autor Fernando Castro Paredes, o vindeiro domingo, 12 de novembro, no salón de actos Iván Tourón Morais na Casa da Cultura de Sarria.

Así, as persoas interesadas en participar desta actividade da Federación Galega de Teatro Afeccionado e organizada por Rebuldeira Teatro e o Concello de Sarria, poderán acudir de forma gratuíta.

A obra trata sobre Luciana Cardone, que decide abandonar as trincheiras para ir na busca doutro mundo, cheo de poesía, teatro, música, pero é descuberta e xulgada polos seus superiores, e condenada a morte. Á mañá seguinte, será fusilada coa derradeira bala que garda o pelotón. Mais o amor pola música de Luciana e as súas ansias de liberdade farán que a cousa se complique un chisco polo camiño.