Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria organiza unha actividade de recollida de cogomelos

Por 12 Novembro, 2023Sin comentarios

O  vindeiro sábado 18 de novembro os membros da comunidade educativa do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria poderán participar nunha actividade de identificación e recollida de cogomelos promovida pola asociación A Muiñeira, realizarase en horario de mañá.

A saída será as 9.45 horas na zona das Insuas, fronte de Portas Insuas, no bar Tino. Desde alí o percorrido realizarase en vehículos particulares para achegarase aos piñeirais e soutos da zona de Samos e así identificar e recoller cogomelos. Os asistentes contarán coa axuda de Miguel Raposo Díaz, da asociación micolóxica A Muiñeira de Sarria para poder guiarse durante a xornada.

A actividade, que se enmarca no Club de Ciencia do IES Xograr, é de balde, pero os interesados deben chamar ao 982 870 801 en horario de mañá. Os menores deberán estar acompañados dun adulto.

Recomendan levar roupa e calzado de auga, unha cesta de vimbio e unha navalla. Os interesados no mundo da micoloxía tamén poderán gozar da conferencia Introdución á micoloxía o vindeiro 17 de novembro a partir das 20.00 horas na casa da Cultura de Sarria. Ademais, os días 20 e 21 organizarase unha exposición con moitos dos cogomelos recollidos