Skip to main content
Sarria

As Xornadas Micolóxicas de Sarria terán lugar a semana que vén da man da Asociación Micolóxica A Muiñeira

Por 12 Novembro, 2023Novembro 13th, 2023Sin comentarios

A Asociación Micolóxica A Muiñeira de Sarria organiza o vindeiro 17, 19, 20 e 21 de novembro unhas xornadas micolóxicas no municipio.

Así, comezarán ás xornadas o venres 17 ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Sarria, onde haberá unha conferencia de introducción á micoloxía a cargo de José Folgueiras López.

Xa o 18 de novembro terá lugar unha identificación e recollida de cogomelos en carballeiras e soutos a partir das 09.30 horas da mañá, dirixida por Miguel Raposo Díaz.

Pola súa parte, o día 19 terá lugar unha nova sesión de identificación e recollida de cogomelos en piñeirais a partir das 09.30 horas da man de José Folgueiras López e cunha comida no restaurante Ateneo, no Oural.

Por último, os días 20 e 21 de novembro haberá unha exposición aberta ao público na Casa da Cultura sobre os motivos recollidos durante as xornadas polas persoas participantes que se poderá visitar de maneira gratuíta.