Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

O grupo Birds are Indie actuará o 16 de novembro no Buril de Sarria

Por 14 Novembro, 2023Sin comentarios

Os portugueses Birds are Indie chegan a Sarria o vindeiro xoves 16 de novembro. A banda natural Coimbra ofrecerá un concerto no local O Buril.

A cita comezará ás 23.00 horas. Birds are Indie son unha formación pequena que non deixou de publicar novos temas nos últimos anos, nin de percorrer o noso país con cada un dos seus novos lanzamentos.

Entre os temas de Henrique Toscano, Joana Corker e Ricardo Jerónimo están Like trains , There’s no way,  Let it show , Partners in crime ou A different rhyme , que poderán gozar en directo todos os que se acheguen.