Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A Aces promove unha nova campaña para promocionar o comercio na vila de Sarria

Por 15 Novembro, 2023Novembro 16th, 2023Sin comentarios

O CCU de Sarria – ACES, en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, poñen en marcha a campaña de dinamización “Mellor comercio da túa vila”.

Así, as persoas que merquen no comercio de Sarria entre o 14 de novembro e o 7 de decembro terán un premio de 12.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 150 euros para seguir mercando no comercio desta vila.

Todos os clientes de Sarria que realicen compras nos establecementos asociados, que nesta ocasión participan uns 65 negocios, entre o 14 de novembro e o 7 de decembro, poden participar no sorteo destos 12.000 euros en premios.

Para iso, os clientes deben acceder a mellorcomerciodatuavila.com e rexistrar o seu ticket de compra así como votar ao seu comercio favorito da vila.