Skip to main content
Sarria

Os nenos de Sarria elaborarán gafas 3d nun novo taller de igualdade da Anpa do Frei Luís de Granada

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

A Anpa do colexio Frei Luís de Granada organiza unha nova actividade no marco de ‘Convivindo en igualdade’, que se caracterizará por unhas xornadas de igualdade e lecer infantil.

Esta actividade consistirá nun taller de ‘Contamos contos con papá’ e a elaboración de gafas 3d esta tarde de venres de 18.00 a 19.15 horas na Casa da Cultura de Sarria.

A iniciativa, dirixida a nenos de infantil e primaria, non terá aforo, polo que poderán participar todas as persoas intereadas ata completar o aforo da Casa da Cultura.