Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A Casa da Cultura de Sarria acollerá a actividade ‘A maleta lila’ da Anpa da EEI Xela Arias

Por 19 Novembro, 2023Novembro 20th, 2023Sin comentarios

A Anpa da Escola de Educación Infantil Xela Arias de Sarria organizar un encontro formativo aberto para familias, titoras legais e toda a comunidade educativa, ‘A maleta lila’, á que convidaron, tamén, á Anpa do Frei Luís de Granada.

A actividade terá lugar o vindeiro luns, 27 de novembro na Casa da Cultura de Sarria, a partir das 17.00 horas, e poderán acudir a ela todas as familias interesadas en recibir formación sobre educar en igualdade.

Desde a organización explican en que consistirá a xornadA: “De que xeito afectan os roles e estereotipos de xénero ao noso día a día? Como sabemos se estamos a educar en igualdade? Que é a hipersexualización ? Como podemos falar de consentimento nas idades temperás?”.