Skip to main content
Sarria

O libro ‘Decidín desvelar o proceso’ sobre a acción galeguista no Uruguai será presentado na casa da cultura de Sarria

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

A Casa da Cultura de Sarria acollerá este venres, 24 de novembro, ás 19.15 horas a presentación do libro ‘Decidín desvelar o proceso’ da sarriá afincada en Barcelona, Yolanda Díaz Gallego, despois de pasar a súa vida como activista do galego en Uruguai.

A autora conta cunha longa traxectoria como presidenta do Penedo, entidade galega de grande actividade social e cultural, dos anos cincuenta aos setenta do pasado século, e protagonista da acción e evolución galeguista no Uruguai.

O libro é o resumo este libro daquel longo proceso, que segue vivo na privilexiada memoria da autora, publicándose agora como testemuño dos acontecementos vividos polos galegos nas terras rioplatenses, completándose as memorias da autora cunha profusa documentación sobre os temas e un elevado número de fotografías.

A obra recolle a historia do labor cultural e social dos galegos en Uruguai, certifica que “na galeguidade asentouse o compromiso”, e nel Yolanda deixa constancia de todo o acontecido para que en Galicia se saiba da ilusión, o traballo e os resultados conseguidos, e non quede no esquecemento todo que ali aconteceu. E

Na presentación intervirá Cesar No, concelleiro de Cultura de Sarria; Xulio Xiz, polo colectivo Egeria; Suevia Rodríguez Díaz, filla da autora; Yolanda Díaz Gallego, e Sagrario Sánchez Ramil, xefa territorial de Cultura, Educación, F.P. e Universidades en Lugo.