Skip to main content
Sarria

The Lelli Kelly’s darán un concerto este sábado no Buril de Sarria

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

Este sábado, 25 de novembro, The Lelli Kelly’s estarán no Buril dando un concerto e acompañados do artista convidado Os Bar Ban Sonicos.

The Lelli Kelly’s son unha banda de rock moañesa que naceu no 2019 da man de Tonho Nogueira, Muerto Rodríguez, Pollete Mc e Culebra Pills, os integrantes dunha banda que define a súa música como rhythm&punk.

Pola súa parte, os Bar Ban Sonicos fórmanse a principios do ano 2018 na Pobra do Caramiñal, con Manel Casal na voz e guitarra, Amroth Lopes no baixo e coros e Abel Cores na batería.