Skip to main content
Sarria

O filme ‘Unicorn Wars’ proxectarase en La Unión de Sarria o domingo

Por 25 Novembro, 2023Novembro 26th, 2023Sin comentarios

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria acolle este domingo, 26 de novembro, a proxección da película ‘Unicorn Wars’ do director Alberto Vázquez.

Todas as persoas interesadas en participar desta iniciativa poderán facelo e desfrutar deste filme que se encadra no ciclo de cine dos Mestre Mateo, e que gañou o premio Goya 2022 a mellor película de animación.

A sinopse di que o exército osiño adoutrina a novos recrutas para conducilos á guerra que iniciaron contra os unicornios porque cren que ameaza a seguridade do seu pobo. Os irmáns Azuliño e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico… Estarán os osiños preparados para isto?