Skip to main content
Sarria

O CEIP Eduardo Cela Vila pon en marcha un proxecto para que os escolares coñezan o patrimonio de Triacastela

Por 24 Novembro, 2023Novembro 25th, 2023Sin comentarios

Co motivo do Día Internacional do Patrimonio, o pasado xoves 16 o CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela comezou co proxecto ‘O teu pasado, o meu presente’. Trátase dunha iniciativa coa que pretenden descubrir o patrimonio do Concello.

Nesta primeira actividade buscaron as primeiras ideas e emocións que experimentan os nenos e nenas ao decatarse do valor que ten todo o que os rodea. Deste xeito, botaron man de vídeos, imaxes, libros e de distintos documentos.

Ao longo do curso poderase ver a evolución do traballo dos alumnos e alumnas no proxecto grazas ao que unha parte do colexio de Triacastela que se converterán nun museo.