Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

Un total de 19 establecementos participan no Concurso de Tapas Tapicheo de Sarria

Por 27 Novembro, 2023Novembro 28th, 2023Sin comentarios

Sarria celebrará o seu tradicional Concurso de Tapas Tapicheo do 5 ao 9 de decembro. Nesta cita, que chega a súa décimo sexta edición, participarán un total de 19 establecementos.

Durante os días do certame, poderanse degustar as tapas creadas polos hostaleiros en horario de 20.00 a 23.00 horas como mínimo. O prezo de cada tapa situarase entre 2 e 3 euros. Ademais, algúns participantes elaborarán peque-tapas para os máis cativos, se ben estas creacións non entrarán no concurso.

Os participantes deste ano son: Mesón O Castro, Restaurante Camping Vila de Sarria, Adarve, Barullo Bar, Cafetería El Parisien, Taberna D´Orixen, Don Pepe, Hotel Alfonso IX, Cafetería Santiago, Cafetería Next, La Isla, Pan-Team, Al Paso To Go, Cafetería Central, Café Bar París, 8mm, Cafetería Cubano, Café Bar Andión e Mesón Tapas.

Para poder votar as mellores tapas e entrar no sorteo de agasallos, os clientes deberán realizar un percorrido mínimo de 15 establecementos e recompilar o selo correspondente nas súas tarxetas. Ademais, aqueles que completen o percorrido dos 19 establecementos tamén entrarán no sorteo dunha viaxe.