Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

O Buril organiza un fin de semana solidario entre os seus actos musicais para acabar o ano

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

O Buril remata o ano por todo o alto organizando diferentes e diversos eventos musicais no seu local, comezando polo xoves, 30 de novembro, coa actuación do grupo indie Mice e un de rock como é Larry Boooweles.

Pola súa banda, os vindeiros días 1 de 2 de decembro terá lugar un fin de semana solidario no Buril, no que se recollerán alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos de Lugo durante os dous días.

Mentres, a música non parará e o 1 actuarán Barbarian Prophecies (death metal dende Lugo), Brutal Fly (trash death Metal dende Asturias) e Elitium (Melodeath denede Braga). Pola súa parte, o 2 actuarán Untides dende Lugo, Her anxiety dende Vigo e Vinodium dende Tomelloso, A Mancha.

Máis concertos

Xa o día 5, martes, actuarán Godiva Death Metal dende Portugal acompañados dos sarriaos Baixo Zero; e o día 6 os ucraínos Love’n’joy aterrarán en Sarria para poñer a música no centro.

Pola súa parte, o día 8 será o turno de XpresidentX (rap-metal-punk dende Madrid) e contarase tamén co Sudor do Chimpin, o mellor tributo do mundo ao Sudor do tractorista. O día 9 O Buril acollerá o concerto de Hollow empty minds (grunge dende Barcelona) e de Martelo (power trío dende Galicia).

Xa o día 15 actuarán os lugueses The foolans, e o día 16 irá ao Buril a Oslo ovnis (rock dende a Rioxa) e unha banda galega por confirmar. Por último, o día 29 de decembro, para rematar o ano, O Buril traerá a El Mundo de Sofia band.