Skip to main content
Axenda CaducadaSarria

A compañía 57 palabras representará a comedia ‘Fuga’ na Casa da Cultura de Sarria

Por 30 Novembro, 2023Decembro 1st, 2023Sin comentarios

O Circuíto de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta semana a Sarria. O grupo 57 palabras levará a cabo a representación de ‘Fuga’ na Casa da Cultura o 3 de decembro a partir das 20.00 horas.

Trátase dunha comedia de acción dirixida para todos os públicos a partir de 14 anos escrita por Jordi Galcerán e dirixida por Patricia Neira. Achega unha historia na que ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgracia pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el.

Con este fío argumental, abórdanse temas serios cun tono de humor, como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor. A intriga manterase ata o final.