Skip to main content
Triacastela

O CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela estrea un mural na entrada do colexio

Por 2 Novembro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O CEIP Eduardo Cela Vila do Concello de Triacastela vén de estrear un novo mural. A ANPA do colexio foi a encargada de realizar esta peza artística que dá cor á entrada do centro.

O mural, que foi deseñado por Trece Trazos, recolle unha paisaxe rural, un alumno que observa esa estampa nun libro e unhas mans que sosteñen un bolígrafo.

Varios números e sinais matemáticas acaban por completar a composición que combina os tons amarelos, verdes e azuis.