Skip to main content
Triacastela

Unha sesión do Club de Lectura do Oribio de Triacastela “realmente especial”

Desde o colexio Eduardo Cela Vila de Triacastela sosteñen que a cuarta edición do Club de Lectura do Oribio “foi realmente especial”, porque Sara, unha ex alumna do cole e Teresa, ex presidenta da ANPA e nai de Sara, “enriqueceron a sesión”.

Así, os nenos e nenas participantes traballaron o libro ‘Lía e as zapatillas de deporte’ (lido previamente por Sara) tratando contidos vinculados á explotación infantil.

Posteriormente, formaron pequenos grupos, creando cada un deles un final paralelo ao da autora e representándoo de forma teatral. Antes de rematar, Sara leu algunha das súas obras, premiadas nalgún concurso de escritura.