Skip to main content
Triacastela

Os nenos e nenas do Ceip Eduardo Cela Vila seguen desfrutando do Club de Lectura do Oribio

Por 15 Novembro, 2023Novembro 16th, 2023Sin comentarios

Os organizadores do Club de Lectura do Oribio informan de que o pasado venres tivo lugar na biblioteca ‘Rosalía de Castro’ unha nova sesión do Club de Lectura do Oribio.

Durante a xornada retomaron o traballo do libro ‘Breicar’, da veciña triacastelá Mirella López, e tamén comezaron con lecturas voluntarias realizadas polo alumnado, á vez que comentaban as dúbidas e refrescaban o lido en sesións anteriores.

Posteriormente, fixeron pequenos grupos para realizar resumos ilustrados do lido coa fin de comezar a sesión desta semana con eses resumos. Este venres terán unha nova sesión de lectura e de compartir momentos a partir das 15.45 horas.