Skip to main content
Triacastela

Chega o magosto a Triacastela con diferentes actividades

Por 18 Novembro, 2023Sin comentarios

Esta tarde Triacastela acollerá a súa festa de magosto organizada polo Destino Courel no pavillón municipal da vila, onde haberá diferentes actividades nas que poderán participar todos os veciños e veciñas.

Así, a festa comezará ás 16.00 horas cun taller de artesanía na fragua da Ponte, incluíndo talleres para nenos, e ás 18.30 horas comezarán os obradoiros de pintacaras ‘Destino Courel’ para os máis pequenos.

Xa ás 20.00 horas terá lugar a gran festa do magosto, coa degustación de produtos típicos locais e tamén música tradicional, que seguirá co concerto de D Crooners Band ás 22.00 horas e o dj que pechará a xornada ás 00.00 horas.