Skip to main content
Triacastela

O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila aprende sobre perspectiva de xénero a través do baile

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela gozou duns obradoiros de baile a través dos que traballaron os comportamentos sexistas.

Con esta proposta, que se levou a cabo dende unha perspectiva de xénero, os nenos e nenas abordaron contidos a través das cancións populares, tarefas domésticas, deportes e o ocio, entre outros.