Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXALugoOuteiro de Rei LUGOXARibadeo

O Ribeira fai dobrete en Primeira e o Cubelas gaña en Segunda a Copa Deputación

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

O Ribeira fixo dobrete este mércores coa Copa Deputación de fútbol sala para levarse o título nas dúas categorías sénior, a feminina e a masculina.

Na Copa de Primeira División masculina o Ribeira fixo un paseo sobre a cancha para levarse a vitoria cun avultado 7-1 ante o Outeiro de Rei no Chanto, lugar escollido para celebrar a última sesión deste cita deportiva anual co fútbol sala. Gran actuación do equipo de Arcadio, que fixo seu os dous tempos do partido. Abriu cedo o marcador, sobre o minuto 4 e antes da pausa xa estaba tres goles por riba. Na reanudación o Outeiro de Rei marcou pero foi un espellismo, porque o Ribeira seguiu abrindo fenda ata os minutos finais, cando marcou os dous últimos.

Na feminina, o equipo de Lugo fíxose coa vitoria ante o Pescados Rubén B. Venceron por 1-2 nun partido moi igualado no que as laranxas marcaron na primeira xogada do duelo. Empataron antes do intermedio e xusto á volta, subiron o gol da vitoria ao marcador.

Na Segunda División masculina a vitoria foi para o equipo ribadense Cubelas, que venceu 3-4 ao Outeiro de Rei B. Malia o resultado, foi o Outeiro de Rei o que abriu a conta nos primeiros compases do duelo e chegou a poñerse 2-0 aínda que recuperaron os ribadenses, que empataron a dous minutos da pausa.

O Outeiro de Rei non quería deixar as táboas no electrónico e marcou xusto antes do asubío. Un gol en propia porta volveu igualar a queda e nos últimos segundos un gol do Cubeles deulle a vitoria e a Copa.